Contundente derrota do Cisne fronte a un Bada Huesca que o deixou sen opcións (32-19)
Por Almu Dapena
O Dicsa Modular Cisne non puido facer nada no seu encontro deste sábado ante o Bada Huesca. Os de Jabato, que chegaban á cita conscientes da dificultade á que se enfrontaban, sacaron a súa garra habitual para manterse vivo pero o gardameta local, Augusto Espinha, converteuse nun pesadelo e castigou ao Cisne co seu 50 por cento de efectividade baixo paus.
Golpeou o equipo local cun contundente 5-0, deixando tocado a un Cisne que non foi capaz de abrir a lata ata pasados os sete minutos e medio de xogo. Oleksandr Nekrushets devolveu a esperanza aos brancos anotando un parcial de 0-2. O primeiro desde os seis metros e o segundo aproveitando un contragolpe que metía aos seus nun partido que se antollaba misión imposible.
Os bos minutos cisneístas se esfumaron e reapareceron as imprecisións en ataque, onde os lanzamentos estrelábanse co gardameta local, que formara un muro na súa área (min. 15, 9-2).
Nekrushets e Gonzalo Carro reduciron distancias, pero o ataque do Huesca era irresistible e non había maneira de paralo (min. 25, 14-4). Nos últimos instantes do primeiro acto apareceron Gayoso e Carro para maquillar o resultado a favor do Cisne, poñendo o 15-7 co que se chegou ao descanso.
Despois do intermedio o encontro seguiu a mesma tónica que durante os primeiros 30 minutos. Aínda que Guilherme Valadao apareceu para manter vivo ao Cisne, a resposta do Huesca chegou automaticamente para pisar o acelerador e esmagar aos de Jabato cunha diferenza 12 puntos ( min. 20).
Non puido facer máis o equipo pontevedrés que, a pesar de tirar de garra, seguiu atopándose co gardameta Augusto Espinha, un auténtico pesadelo na tarde de sábado para o Cisne (32-19).
Consulta as estatísticas do Bada Huesca- Dicsa Modular Cisne
Relacionadas:
-
O último tren pola permanencia para o Cisne pasa por Nava de la Asunción
Por Redacción |
-
Afundimento no derbi dun Cisne negado en ataque (20-24)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Un derbi entre Cisne e Cangas clave para a permanencia na Asobal: "É como unha final"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne apágase tras o descanso ante un Logroño moi superior (21-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne, sen complexos ante o Logroño: "Todos los partidos que nos quedan en casa van a ser finales"
Por Diego Espiño |
-
Un cambio de data do encontro aprazado contra o Granollers dá aire ao Cisne antes da súa semana decisiva
Por Redacción |
-
O Cisne afronta outra misión imposible na súa carreira pola permanencia e o Teucro inicia a fase por eludir o descenso
Por Redacción |
-
Anaitasuna noquea o Cisne, que acabou na lona tras dous arreóns dos navarros (28-32)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Guilherme Valadao aterra en Pontevedra para salvar o Cisne e conseguir o seu billete a Tokio
Por Manu Otero |