O Cisne leva o Memorial Luaces ao superar o Novás no Municipal (27-26)
Por Diego Espiño
Pleno de vitorias para o Dicsa Modular Cisne na súa particular preparación para o esixente mes que lle vén por diante na Liga Asobal.
Aproveitando o parón na competición, o conxunto pontevedrés mediuse a principios de semana co Lalín, con vitoria por 31-37, e este xoves viviu o seu segundo amigable da semana disputado o tradicional Memorial Luaces aprazado o pasado mes de xaneiro.
O rival era o mesmo que entón, un Atlético Novás ao que tamén se mediron a pasada semana con triunfo e ao que superaron no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra por un apertado 27-26.
Foi un duelo con dúas partes diferenciadas. Na primeira os locais, tras uns primeiros minutos de tenteo, levaron a iniciativa mostrando un bo nivel cunha renda que chegou aos 5 goles (12-7), marcando ao descanso o marcador un claro 14-10.
Na segunda con todo os do Rosal apertaron igualando moi pronto a 16. A partir de aí, aínda que con dominio do Cisne, a igualdade foi moito maior ata o 27-26 final.
Máis aló do resultado o segundo adestrador, Marcos Otero 'Quiños', que exerceu de principal ante a ausencia de Jabato, asegurou estar satisfeito co papel dos seus xogadores. "Traballamos ben esta semana", sinalou restando importancia a que "a segunda parte non se se o cansazo ou a relaxación fixo que estivésemos un pouquiño peor en defensa".
Tras esta cita o Cisne céntrase xa no regreso da Liga Asobal, que para eles terá lugar o 17 de marzo fronte ao Anaitasuna navarro.
Relacionadas:
-
Un cambio de data do encontro aprazado contra o Granollers dá aire ao Cisne antes da súa semana decisiva
Por Redacción |
-
Anaitasuna mide as opcións de permanencia do Cisne, que volve competir tras dúas semanas de parón
Por Redacción |
-
O Cisne fai oficial a fichaxe de Guilherme Valadao
Por Redacción |
-
O Cisne pon data aos seus tres partidos aprazados e prepárase para un calendario terrorífico
Por Diego Espiño |
-
O Cisne vence o Atlético Novás no I Trofeo CCMM do Rosal (29-32)
Por Redacción |
-
Malas novas para o Cisne: Andrés Sánchez ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |