Robertas Geralavicius e Yolanda Gutiérrez, vencedores da VI Carrera Pedestre de Campañó
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A carreira pedestre de Campañó bateu récords na súa sexta edición. Uns 800 atletas e máis de 5.000 afeccionados completaron unha verdadeira festa do atletismo. E non era para menos. A pesar da calor reinante en toda a xornada, viviuse un auténtico espectáculo. A proba, que forma parte do calendario da primeira edición do Circuíto de Carreiras de Pontevedra, celebrouse nun gran ambiente.
A vitoria na categoría masculina foi para o lituano Robertas Geralavicius. O atleta, que vive actualmente en Pontevedra e adestra na Sociedade Gimnástica, completou os 9,6 quilómetros da proba nun tempo de 31.01. Foi seis segundos máis rápido que o portugués Carlos Costa, que se levou a prata por diante do seu compatriota Ricardo Vale, vencedor o ano pasado, que foi terceiro tras parar o crono en 31.48.
Pola súa banda, o premio na categoría feminina quedou en terras galegas. A máis rápida foi Yolanda Gutiérrez, que logrou un tempo de 34.25. A atleta, natural de Teo pero afincada en Vigo, foi case un minuto máis rápida que a segunda clasificada, a portuguesa Ercilia Machado, que completou a proba en 35.19. Terceira foi a tudense Leticia Fernández.
Ademais dos case 500 atletas que participaron nas dúas categorías absolutas, moitos outros deportistas completaron a proba atlética en Campañó. Foi nas diversas categorías inferiores. Nelas gañaron Alejandro Abal e Sonia Rivadulla (benxamíns), Pablo Pérez e Emilia Antao (alevíns), Roberto Rodiño e Lucía Cardesín (infantís), Marcos Rosene e Lucía Suárez (cadetes), Jorge Puig e Deborah Pato (xuvenís) e Javier Falcón (junior).
Antes de comezar a proba, a organización da Carreira Pedestre de Campañó aproveitou para homenaxear ao saltador marinense Jean Marie Okutu e ao lanzador cubano Frank Casañas, que adestra actualmente en Pontevedra ás ordes de Santi Ferrer.
VI Carrera Pedestre de Campañó
A carreira pedestre de Campañó bateu récords na súa sexta edición. Uns 500 atletas e máis de 5.000 afeccionados completaron unha verdadeira festa do atletismo. E non era para menos. A pesar da calor reinante en toda a xornada, viviuse un auténtico espectáculo. A proba, que forma parte do calendario da primeira edición do Circuíto de Carreiras de Pontevedra, celebrouse nun gran ambiente