A Subida a Escusa tínguese de loito pola morte do piloto Carlos Couto tras sufrir un infarto
Por Redacción
O automovilismo galego sumiuse nunha profunda tristura. O piloto Carlos Couto, natural de Vila de Cruces, faleceu este sábado tras sufrir un infarto mentres participa na XIV edición da Subida á Escusa (Poio), a penúltima proba da tempada do campionato galego de automobilismo de montaña.
O tráxico suceso produciuse na segunda manga oficial da proba, a última do día. Carlos Couto, que participaba a bordo dun Audi A4 Superturismo, sufriu o infarto en pleno percorrido. Logrou deter o seu coche e arrimalo á dereita de trazado. Xusto ao saír do vehículo caeu ao asfalto.
Foi atendido rápidamente polos servizos médicos da proba, que se atopaban nun dos coches de asistencia do rally. Tamén acudiu unha ambulancia medicalizada, que tratou de reanimalo no lugar do suceso. Tras iso foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Pontevedra, onde se confirmou o seu falecemento.
Ante a consternación dos seus compañeiros, a organización da Subida á Escusa decidiu suspender o resto da proba como mostra de condolencia cara á familia do piloto falecido.