Bea Gómez: "Quedarme era la segunda opción pero también era buena"
Por Diego Espiño
A súa primeira opción era emigrar a Madrid pero seguirá finalmente adestrando en Pontevedra na carreira por chegar aos seus segundos Xogos Olímpicos.
Así o confirmou en rolda de prensa Beatriz Gómez Cortés, pero a nadadora do Galaico mostrouse contenta de poder seguir adestrando na casa e nunhas condicións que melloraron substancialmente coa creación dun grupo de alto rendemento na cidade: "tuve muchas primeras opciones durante un par de meses, pero la última, la que más quería, era irme a la Blume a Madrid. Esto era como mi segunda opción, que también es buena con todas las cosas que me ofrecieron, toda la ayuda que recibí para poder quedarme en las mejores condiciones, eso me influyó".
Bea Gómez: "Cambié mucho de opinión, fui como una veleta"
Bea, que asegurou que cambiou de opinión varias veces "como una veleta", prepárase xa ás ordes de Luisa Domínguez nun grupo no que tamén están os ribeirenses María Vilas e Manuel Dávila, con base no Centro Galego de Tecnificación e todas as facilidades para adestrar no Complexo Rías do Sur en piscina de 50 metros.
A nadadora pontevedresa, sen embargo, non confirma que quedará ata Río 2016 aínda que o ve como a opción máis probable: "no quiero decir que me voy a quedar porque no lo sé, me quedo este año y depende de cómo vaya la cosa pues me quedaré o no, yo creo que sí porque tengo esperanzas de que salga bien este año y si sale bien ya me quedo todo el ciclo olímpico".
A permanencia de Bea Gómez foi especialmente celebrada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presente na comparecencia: "me consta que a Secretaría Xeral fixo un esforzo, e o Concello tamén, para que aquí tivese as mesmas condicións que noutros sitios. Queriamos que non se perdese a potencialidade de Pontevedra como cidade deportiva e olímpica".
Tamén o presidente do Club Natación Galaico, José Miguel Cano, mostrouse satisfeito polo que lle achega deportivamente ao club pero, sobre todo, "por los nadadores que tenemos todos los días entrenando, Bea es una referencia para todos, no mucha gente puede nadar en la calle de al lado con una nadadora con aspiraciones olímpicas".
DOUS PRINCIPAIS OBXECTIVOS PARA A TEMPADA
Bea Gómez xa se prepara para unha tempada na que fixou dous obxectivos principais, o Europeo de Piscina Curta de Dinamarca e sobre todo, o Campionato de Europa de Berlín o próximo mes de agosto: "ahora estamos entrenando en piscina corta para Dinamarca, luego el objetivo principal de la temporada será el Europeo de verano, en Berlín".
Relacionadas:
-
A preparación de Bea Gómez ata Río 2016 estará patrocinada polo Concello de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Bea Gómez, María Vilas e Manuel Dávila estrean o grupo de alto rendemento en natación do CGTD
Por Diego Espiño |
-
Lete Lasa celebra a continuidade de Bea Gómez en Pontevedra: "Queremos hacer una apuesta decidida por la natación"
Por Diego Espiño |
-
A creación dun grupo de alto rendemento permite a Bea Gómez quedar en Pontevedra
Por Diego Espiño |