A creación dun grupo de alto rendemento permite a Bea Gómez quedar en Pontevedra
Por Diego Espiño
A Secretaría Xeral para o Deporte decidiu botar o resto para evitar a fuga dos talentos galegos da natación, entre os que destaca a pontevedresa Beatriz Gómez Cortés.
Segundo puido saber PontevedraViva, a nadadora olímpica do CN Galaico poderá quedar finalmente en Pontevedra ao formarse na cidade un grupo de adestramento de alto rendemento, polo menos, ata os Xogos Olímpicos de Río 2016. Así o confirmaron fontes da Federación Galega de Natación.
O proxecto, no que a propia Federación e a Xunta de Galicia levan traballando varios meses, contará cun adestrador específico, cuxo nome aínda está por pechar, e terá a súa sede na cidade de Lérez, utilizando as instalacións do Centro de Tecnificación Deportiva e a piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur.
As deportistas nas que se basea o grupo de alto rendemento son a propia Bea Gómez e a ribeirense María Vilas e o seu compañeiro no CN Riveira Manuel Dávila, podendo unirse dentro dun ano o arzuano ÿscar Pereiro, cando regrese a Galicia tras cursar os seus estudos universitarios en Estados Unidos.
O principal obxectivo de todos eles será estar presentes en Río de Janeiro, podendo sumarse ao equipo de traballo os nadadores galegos que destaquen nos próximos anos.
Con esta iniciativa péchase a posibilidade de que tanto Bea Gómez coma María Vilas abandonen Galicia buscando mellores condicións para o seu adestramento, unha posibilidade que Gómez Cortés daba case por feita hai uns meses, cando valoraba a opción de seguir ao seu adestrador ata esta tempada, Pepín Rivera, agora nas filas do Club Natación Santa Olaya de Gijón.
A intención da Federación Galega e Secretaría Xeral para o Deporte é poder presentar os detalles do proxecto a próxima semana.
Relacionadas:
-
Bea Gómez, María Vilas e Manuel Dávila estrean o grupo de alto rendemento en natación do CGTD
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez: "Quedarme era la segunda opción pero también era buena"
Por Diego Espiño |
-
Lete Lasa celebra a continuidade de Bea Gómez en Pontevedra: "Queremos hacer una apuesta decidida por la natación"
Por Diego Espiño |
-
José Miguel Cano: "No queremos que Bea Gómez se marche, haremos todo lo posible para que siga en el Galaico"
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez: "La opción que más me llama es irme a Asturias con mi entrenador"
Por Diego Espiño |