Aprazado por segunda xornada consecutiva o partido do Ribadumia, nesta ocasión fronte ao Estradense
Por Redacción
A Covid impedirá competir, por segunda semana consecutiva, o Club Deportivo Ribadumia na Terceira División.
O Xuíz de Competición aceptou a petición de aprazar o encontro que debía enfrontarlle o vindeiro domingo 31 de xaneiro ao Estradense no Novo Municipal da Estrada, e que se une por tanto ao duelo suspendido a pasada semana contra o Atios.
Esta petición cursouse ao seguir o Ribadumia sen poder adestrar tras detectar dous casos positivos por coronavirus no seu plantel.
Por fortuna, as probas PCR realizadas ao resto do persoal non revelaron novos contaxios, aínda que case todo o equipo tivo que confinarse igualmente como medida de prevención.
A previsión no club da Senra é poder regresar aos adestramentos en poucos días, polo que a xornada ante o Estradense sería a última que se necesitaría suspender por esta causa.
Relacionadas:
-
Dúas semanas de illamento despois, o Ribadumia retoma a liga na Terceira División
Por Redacción |
-
Un positivo no Ribadumia obriga a suspender o seu partido contra o Atios
Por Redacción |
-
Terceira derrota consecutiva para o Ribadumia, que caeu a domicilio ante un superior Choco (3-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia estrea o ano con derrota fronte o Ourense CF (2-4)
Por Redacción |