Temor no Pontevedra a que Charles sexa sancionado con máis dun partido pola súa expulsión fronte ao Dépor
Por Diego Espiño
Cantos partidos perderase Charles? É unha das incógnitas da semana no Pontevedra Club de Fútbol, despois da expulsión sufrida nos últimos minutos do encontro que o pasado sábado enfrontou aos granates co Deportivo.
O atacante brasileiro foi expulsado con vermella directa no minuto 81 nunha disputa na que tamén puxo camiño aos vestiarios o deportivista Lara. Os presentes no estadio quedaron en moitos casos sorprendidos, ao non apreciar nada grave sobre o terreo de xogo, nin tampouco as cámaras de televisión reflectiron con claridade o acontecido.
O único seguro é que esa expulsión pode traer graves consecuencias, e ese é o temor no Pontevedra despois de comprobar a redacción da acta arbitral.
O colexiado do encontro, o canario González Francés, explicou tras o choque que tanto Charles como Lara viron o cartón vermello por "golpear no pescozo dun contrario coa man aberta usando forza excesiva, non estando o balón en xogo".
O último matiz, de non estar o balón en xogo, pode facer que a infraccion sexa considerada como grave, o que supoñería un mínimo de dous encontros de suspensión.
Relacionadas:
-
Charles, sancionado con dous partidos pola súa expulsión ante o Dépor
Por Diego Espiño |
-
O último partido de liga do ano, un trámite amargo para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Romay pasará polo quirófano a próxima semana
Por Diego Espiño |
-
Un inicio de liga sen coñecer a derrota que non se lembra desde a 87-88
Por Diego Espiño |
-
Romay di adeus á tempada ao confirmarse a rotura do cruzado: "Toca recuperarme y animar desde fuera"
Por Diego Espiño |
-
Combate nulo en Pasarón entre un Pontevedra valente e un Deportivo rochoso (1-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |