O Burela Pescados Rubén visita A Seca no primeiro partido oficial do Poio Pescamar
Por Redacción
O actual campón de copa e liga da Primeira División Feminina de fútbol sala, o Burela Pescados Rubén, visita este mércores (20:00 horas) o Pavillón da Seca no que será o primeiro partido oficial da tempada do Poio Pescamar.
As rapazas adestradas por Marcio Santos afrontarán unha proba de verdadeiro nivel nun encontro que corresponde á primeira xornada da Copa Xunta.
O Burela, futuro rival das vermellas na súa estrea na máxima categoría, conta cun amplo plantel no que destacan xogadoras como as brasileiras Jozi e Marcela ou as dúas internacionais españolas Peke e Beita.