O Poio Pescamar vence (5-2) o Ponte Ourense nun amigable en Baiona
Por Redacción
Segundo partido de pretempada e segunda vitoria para as rapazas de Marcio Santos ante o potente Ponte Ourense, nun partido disputado en Baiona e que contou coa presenza dun bo número de afeccionados.
Se ben é certo que o equipo ourensano conta con menos sesións de traballo que o Poio Pescamar, a vitoria das rojillas serve para confirmar as boas sensacións de cara a esta tempada da súa estrea na máxima categoría do fútbol sala feminino.
O partido comezou cos dous equipos premendo e dispoñendo de ocasións. Marcio fixo saír a Carmen na porteria, con Charo, Mar, Ceci e Claudia, facendo circular a banqueta para dar respiro a todas as xogadoras.
Claudia adiantaba ao equipo de Poio nun man a man coa porteira internacional, Vanesa Barberá. Minutos máis tarde Laura Fernández empataba o partido, a pase de Souza.
As xogadoras rojillas seguían gozando de ocasións de gol, pero sería o equipo ourensano o que se adiantaría por mediación da brasileira Drica aprovechandose dun rexeitamento, establecendo o marcador co que se chegou ao descanso.
Ao comezo da segunda parte os dous equipos continuaron premendo. Ceci empataba o partido dun forte disparo. Continuaban as xogadoras de Poio con máis ocaciones e Peke adiantaba o equipo, despois de recibir de costas e disparar a media volta. Pechando Ceci o partido, con dous goles máis de bela factura, para facer o 5-2 definitivo.
O próximo mércores o equipo disputará o seu primeiro partido oficial, ante o Burela Pescados Rubén, actual campión de Liga e Copa de primeira, ás 20 horas. Os afeccionados rojillos poderán gozar na Seca dun grande encontro.