O Cisne regresa preparado para unha misión imposible
Por Manu Otero
O Cisne regresa á competición despois de dúas xornadas sen competir polos casos de coronavirus rexistrados no seu plantel para enfrontarse ao rival máis poderoso da liga. "É case misión imposible", recoñece o Quiños, o segundo adestrador da escuadra pontevedresa, ao tratar de definir e buscar algún punto débil no rival, o FC Barcelona, que visitará o Pavillón Municipal este sábado ás 17 horas.
"É un auténtico equipazo, cada ano mellora o plantel e cada ano vai rexuvenecendo", destaca o técnico. O obxectivo que se marcan nun vestiario mermado fisicamente despois de máis de dúas semanas sen adestrar é o de "gozar por xogar contra un super equipo como este".
Aínda así, os pontevedreses sairán á cancha sen renunciar a nada e coa intención de facelo o mellor posible "para estar no partido o maior tempo posible".
Para logralo, a receita inclúe "estar o mellor posible en ataque e que os seus porteiros non teñan o mellor día porque todos os seus acertos defensivos convértense en goles á contra", destaca o preparador que sinala o contragolpe como "unha arma que usan tanto na liga como en Europa e fan moito dano".
Relacionadas:
-
Un bo Cisne planta cara ao 'todopoderoso' Barcelona (27-43)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne rexistra un novo positivo o día no que o equipo volve aos adestramentos
Por Manu Otero |
-
O Cisne ve a luz ao final do túnel: 16 probas negativas e volta aos adestramentos o luns 26
Por Diego Espiño |
-
Suspendido o Logroño-Cisne polo confinamento do equipo pontevedrés e no aire a seguinte xornada por 17 positivos en COVID no Nava
Por Diego Espiño |