Marín apúntase ao waterpolo da man do Galaico
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico e o Concello de Marín están traballando para poñer en marcha en próximas datas unha escola municipal de waterpolo, que dirixiría a entidade pontevedresa.
A iniciativa baséase na intención do Galico de promover este deporte na bisbarra, podendo anotarse todos os nenos de entre 8 e 12 anos co único requisito de que estean empadroados en Marín.
Entre os días 3 e 13 de setembro os interesados deberán preinscribirse cubrindo unha folla de inscrición no concello marinense en horario de 8:30 a 14:30.