O Teucro afina a súa posta a punto cun triunfo ante o Ismai portugués (26-19)
Por Diego Espiño
A pretempada da Sociedad Deportiva Teucro segue a dar motivos para o optimismo da afección azul ante a liga que empeza en pouco máis de 15 días.
O equipo adestrado por Javier Barrios gañara os seus dous primeiros encontros ante o Bueu e a SAR, ademais de impoñerse no triangular de Carballo no que se enfrontou, ademais de ao equipo local, a un Cangas ao que plantou cara (18-19).
Neste camiño de preparación o bloque teucrista, completo tras a incorporación de David García Pichel, gañou ao Ismai portugués, equipo que milita na máxima categoría do balonmán do seu país, por un claro 26-19 no Pavillón Municipal.
Os azuis decidiron o choque na segunda metade despois de chegar ao descanso con empate no marcador (11-11).
A pesar de encontrase aínda na metade da pretempada o bloque teucrista exhibiu un bo nivel de instensidad defensiva.
As próximas citas de preparación para os de Javier Barrios serán o partido de segunda rolda da Copa Galicia ante o Seis do Nadal en Vigo e un amigable ante o Chapela no Municipal.