O Teucro supera o test e vence o Chapela (26-25) no Municipal
Por Redacción
As boas sensacións seguen rodeando á Sociedad Deportiva Teucro na pretempada do equipo pontevedrés.
Os de Javier Barrios volveron gañar, esta vez ante un rival da súa categoría, o Chapela, e nun duelo moi igualado (26-25).
O encontro decidiuse nos últimos minutos despois dun choque con igualdade máxima, como reflicten as táboas no electrónico coas que se chegou ao descanso (13-13).
Antes do inicio da competición oficial, o sabado 15 de setembro no Municipal ante o Pozoblanco, os azuis disputarán a fase final da Copa Galicia.
Será a última gran proba para o Teucro, que xogará unha das seminifinales ante outro rival directo, o Octavio, recén descendido de Asobal, nun encontro fixado para o sábado (20:00 horas) na Cañiza.
O domingo os azuis pelexarán polo título ou polo terceiro e cuarto posto ante Atlético Novás ou Cangas, equipos que conforman a segunda semifinal, no que será o último compromiso antes do inicio da liga.