Lourdes Domínguez cae en primeira rolda do US Open ante Laura Gibson (7-5 e 6-0)
Por Diego Espiño
Non foi 2013 o ano de Lourdes Domínguez nos torneos do Grand Slam. A pontevedresa, despois de caer en primeira rolda en Australia, Roland Garros e Wimbledon, repetiu experincia ao ser derrotada ás primeiras de cambio no US Open pola británica Laura Gibson (7-5 e 6-0).
Domínguez, que arrancou o partido cun 2-0 en contra perdendo o seu servizo, tivo as súas opcións nunha primeira manga con moitas roturas e na que remontou o mal inicio ata se situar cun 4-5 a favor e saque para adxudicarse o set. Foi o último xogo da pontevedresa.
Laura Gibson encandenó a partir de aí nove xogos consecutivos para pechar o partido co segundo set en branco, unha manga na que Lourdes puido reengancharse cando perdía 2-0, pero non logrou aproveitar os puntos de break dos que gozou e xa non puido repoñerse ao marcador en contra.
Lourdes Domínguez segue en competición no US Open no cadro de dobres, no que quedou emparellada en primeira rolda, xunto á súa compañeira Shahar Peer, co dúo formado por Cara Black e Marinka Erakovic, cabezas de serie número 13 do torneo.