A británica Laura Robson, rival de Lourdes Domínguez en primeira rolda do US Open
Por Diego Espiño
Chega o último Grand Slam do ano para Lourdes Domínguez, que intentará nas pistas neoyorkinas do US Open avanzar no cadro principal, algo que se lle resistiu en Australia, Roland Garros e Wimbledon, onde este ano caeu en primeira rolda.
A tenista pontevedresa defende en Estados Unidos dende o próximo luns a segunda rolda do pasado ano, e para chegar a iso deberá vencer á número 32 do ránking WTA e cabeza de serie número 30, a británica Laura Gibson, con quen quedou emparellada tras o sorteo.
A pesar de contar con mellor ránking que Lourdes, actualmente 53 do Mundo, o cara a cara con Gibson favorece a pontevedresa, que a derrotou nos dous únicas ocasións que se enfrontaron, en Beijing en 2012 en pista dura (7-5 e 6-3) e en Katowice, Polonia, esta tempada sobre terra batida (5-7, 7-6 e 6-1).
En caso de gañar Lourdes Domínguez, que chega ao US Open tras alcanzar a segunda rolda de Cincinnati, enfrontaríase á vencedora do duelo entre a francesa Caroline García e a estadounidense Shelby Rogers.