A primeira volta do Bádminton Ravachol en División de Honra, con entrada de balde
Por Redacción
O vindeiro sábado 19 de setembro o Club Bádminton Ravachol Pontevedra afrontará a súa segunda xornada na División de Honra, que supoñerá a súa estrea como local na máxima categoría nacional.
O conxunto pontevedrés, que se viu lastrado polas baixas no seu primeiro choque en Valencia, recibirá no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (17.30 horas) a un dos candidatos ao título, o Bádminton Oviedo.
Toda unha oportunidade de presenciar un evento do máximo nivel deportivo. Así o entende o Ravachol, que co obxectivo de promocionar o seu deporte na cidade decidiu que durante a primeira volta da competición non cobrará entrada por ver os seus partidos.
Esta medida inclúe a visita do CB Pitius a Pontevedra, é dicir, o equipo da campioa olímpica Carolina Marín.
Con todo nesta primeira xornada a actual situación sanitaria que vive a cidade obrigará a que o aforo do CGTD sexa reducido, tendo preferencia de entrada os deportistas do club e familiares vinculados á entidade.
Relacionadas:
-
Ania Setién e Gabriel Fernández, convocados pola selección nacional júnior para competir no Europeo
Por Redacción |
-
Derrota do Bádminton Ravachol por 0-7 fronte a un dos candidatos ao título, o Oviedo
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Debut con derrota para o Bádminton Ravachol na División de Honra ante o San Fernando
Por Almu Dapena |
-
Gran actuación do Ravachol no Internacional Júnior de Lituania
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol pecha o seu plantel coa incorporación do ourensán Martín Barbado
Por Redacción |