Malestar na Federación pola ausencia de David Cal, Diego Romero e Tono Campos no selectivo para o Mundial
Por Redacción
Non sentou nada ben na Federación Galega de Piragüismo a ausencia de tres dos catro padexeiros que tiñan previsto disputar este venres en Verducido o control selectivo para o Mundial que se celebrará na cidade alemá de Duisburgo e que se iniciará o xoves da próxima semana. Tan só presentouse José Luís Bouza que substituirá a David Cal nunha das súas probas favoritas, o C-1 1.000 metros.
José Luís Bouza cumpriu co seu obxectivo de estar por sexta vez nun Mundial, un campionato no que gañou xa dúas medallas: a de prata lograda en Poznan en 2010 e a de bronce en Szeged en 2011. En ambos casos foi en C-1 5.000 metros. Agora competirá por primeira vez en C-1 1.000 metros. Ao remate do control, no que competiu só, o deportista asegurou estar "contento", aínda que recoñecía que "foi un trámite" ao non presentarse os seus rivais.
José Luís Bouza recoñeceu que "foi unha sensación rara" e engadiu que "fixen a proba o mellor posible. Non fun ao cento por cento, pero atopeime cómodo. Serviume de moito". De cara ao Mundial, o padexeiro do Kayak Tudense afirmou que "estar nun Mundial nunca é fácil nin sinxelo. Hai que traballar moito" e sinalou que o seu obxectivo "é poder disputar a final desta proba. Non será nada fácil, pero é un desafío".
Á cita estaba previsto que acudisen Diego Romero, do Breogán de O Grove, e Tono Campos, do Ría de Betanzos. Con todo, ambos decidiron non participar, xa que tamén estarán no Mundial na modalidade de C-2. Unha ausencia que enfadou aos responsables federativos que, a través da súa conta de Twitter, destacaron a "lamentable imaxe" que deu o piragüismo español.
Lamentable a imaxe dada no selectivo de hoxe donde solo se presentou @joseluisbouza ausentandose sen aviso #TonoCampos e #DiegoRomero. ..
#PiragüismoGalego (@fegapiraguismo) August 23, 2013
Tampouco gustou que David Cal decidise non participar neste control e máis cando desde a Federación aseguran que este selectivo "púxoo o seu adestrador". En todo caso, desde o órgano federativo non responsabilizan aos deportistas deste plantón, senón á Federación Española de Piragüismo e aos seus técnicos e adestradores, que deberían dimitir ou ser sancionados, destacan.
O mesmo tempo q tamen lamentamos a ausencia de @davidcal2 xa que este selectivo puxo o seu adestrador e non se presenta.
#PiragüismoGalego (@fegapiraguismo) August 23, 2013
Con esta imaxe ante os medios de comunicación queremos q se valore o noso deporte? DIMISION DOS RESPONSABLES o piragüismo e mais importante
#PiragüismoGalego (@fegapiraguismo) August 23, 2013
Tamen os responsables tecnicos d este lamentable espectaculo deberian dimitir ou sancionar x a n asistencia dos deportistas incluido Morlan
#PiragüismoGalego (@fegapiraguismo) August 23, 2013
O único que, ata agora, explicou a súa ausencia do control selectivo e, polo tanto, do Mundial de Duisburgo, foi David Cal. Malia que recientemente recoñecía ter "boas sensacións" e ter marcado como obxectivo para este ano estar no Mundial, nunha rolda de prensa celebrada en Vigo, o padexeiro pontevedrés sinalou que renunciaba á proba "porque non me sento preparado ao 100%".
Ademais, David Cal sinalou a PontevedraViva a través de Twitter que non entende o malestar da Federación Galega de Piragüismo con respecto a súa participación do control selectivo. Afirma que "non estaba inscrito para o selectivo e din os meus motivos á Federación Española" e adxunta o programa de competición no que xa non aparecía o seu nome.
@PontevedraViva @fegapiraguismo no entiendo el malestar ya que no estaba inscrito para el selectivo y di mis motivos a la FederaciónEspañola
David Cal (@DavidCal1) August 23, 2013
Esta aclaración de David Cal atopou unha pronta resposta por parte da Federación Galega de Piraguismo, tamén a través da cuenta de PontevedraViva nesta rede social. Fíxoo en forma de pregunta directa ao piragüista. Os responsables federativos cuestionan sobre a data "imposta" para este control selectivo en Pontevedra.
@DavidCal1 @PontevedraViva quien impuso este selectivo una semana antes del mundial?
#PiragüismoGalego (@fegapiraguismo) August 23, 2013
ÿ polo momento a última novidade desta polémica que, seguramente, continuará nos próximos días.