Sanxenxo delegará no Xuventú Sanxenxo, Villalonga e Noalla a xestión dos seus campos de fútbol
Por Redacción
O salón de plenos do Concello de Sanxenxo foi o escenario do primeiro encontro mantido entre o alcalde, Telmo Martín, en concelleiro de Deportes, Daniel Arousa, e as directivas dos clubs Xuventú Sanxenxo, Vilalonga e Noalla para perfilar o novo convenio de xestión das instalacións futbolísticas municipais. A intención do goberno local é ceder o uso e xestión dos campos de fútbol de Baltar, Ou Revel e Noalla a cada un destes clubs. "O modelo actual é inviable. Constatamos despilfarros nos usos de auga e iluminación e mesmo na conservación das propias instalacións", expuxo o alcalde.
Por iso, propoñen un acordo consistente na asunción do uso e mantemento destas instalacións por un período de catro e uns prezos públicos que marcará o Concello e deberán ser aprobados no pleno. Unha vez aprobado, as directivas dos tres equipos cobrarán por ceder las instalacións ás entidades deportivas que requiran do seu uso tanto para adestramentos como para a disputa de partidos.
"Cremos que é moi positivo que sexan os clubs que maioritariamente usan estas instalacións os que se responsabilicen da súa xestión e uso", sostén Martín.
Polo súa parte as tres entidades comparecentes solicitaron ao Concello os gastos fixos do mantemento das instalacións. así como os prezos que se marcarán polo uso dos campos para analizar se lles compensa ou non aceptar a proposta do executivo municipal e trasladar unha decisión na próxima reunión marcada para o 7 de setembro.
Así mesmo, desde o Concello quixeron remarcar que o seu intención sigue sendo a de fomentar o deporte base, pero só seguirán apoiando economicamente aos clubs que teñan federados menores de 16 anos. Actualmente son 892 os mozos deportistas que cumpren esta condición en Sanxenxo, preto do 40% practican fútbol.
Con todo, esta nova conxuntura deixa nunha delicada situación a outros clubs do municipio que carecen de categorías inferiores e que se verán obrigados a abonar a outros clubs o uso dunhas instalacións municipais sen ningún apoio económico por parte do goberno local. É o caso do Dorrón, que xa anunciou que a próxima tempada non presentará equipo en ningunha categoría en sinal de protesta contra a política municipal e a negativa do goberno local a cumprir a súa promesa de renovar o campo de fútbol da parroquia. A decisión foi acordada na última reunión da xunta directiva, que despois presentou a súa dimisión en bloque.
Relacionadas:
-
Licitan por case 300.000 euros a instalación do céspede e da rega no campo do Revel
Por Redacción |
-
A Deputación, a través do seu Plan Estratéxico do Deporte, acondicionou 88 campos de fútbol
Por Redacción |
-
O PSOE de Sanxenxo rexeita o plan do Concello de transferir a xestión dos campos de fútbol aos clubs locais
Por Redacción |
-
Malestar na directiva do Dorrón por outro retraso na remodelación do campo de fútbol
Por Manu Otero |
-
Piden ao Concello que arranxe as "deficiencias graves" do campo de fútbol de Noalla
Por Oskar Viéitez |