Licitan por case 300.000 euros a instalación do céspede e da rega no campo do Revel
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo prevé licitar nos próximos días o contrato para a subministración e instalación do céspede artificial e a rega do campo de fútbol do Revel, en Vilalonga. Para esta actuación reserváronse 297.390 euros.
O contrato de subministración realizarase pola modalidade de renting e establécese un prazo no prego de condicións de oito semanas para a súa instalación cunha garantía de cinco anos.
A duración do renting é de sesenta mensualidades, é dicir, concluirá en 2025.
O paquete de céspede artificial será de última xeración para a práctica do fútbol 11 e fútbol 7 e deberá cubrir unha superficie total aproximada de 105 x 65,10 metros.
O sistema de rega contará con seis aspersores de primeiras marcas con turbina de longo alcance, sete electroválvulas de fibra de vidro, seis pezas e seis conectores estancos con xel de illamento.
Ademais, a empresa subministradora deberá encargarse da retirada do actual céspede que se atopa en moi mal estado con medios especializados e o actual sistema de rega almacenarase en dependencias municipais.
Relacionadas:
-
O céspede retirado do campo de O Revel reutilizarase nos patios dos centros educativos
Por Redacción |
-
Cinco empresas presentan as súas ofertas para executar a urbanización do Revel
Por Redacción |
-
A Deputación, a través do seu Plan Estratéxico do Deporte, acondicionou 88 campos de fútbol
Por Redacción |
-
Sanxenxo delegará no Xuventú Sanxenxo, Villalonga e Noalla a xestión dos seus campos de fútbol
Por Redacción |
-
Sanxenxo renovará o céspede artificial do campo de fútbol do Revel
Por Redacción |