O equipo júnior do Arxil, primeiro en retomar os adestramentos pensando na fase de ascenso
Por Redacción
Cinco meses despois de ter que suspender os adestramentos de todas as súas categorías coincidindo co decreto de estado de alarma, o Club Baloncesto Arxil volveu este mércores 19 de agosto á actividade.
Fíxoo cun dos seus equipos, o júnior, que desta forma volve aos adestramentos pensando na fase de ascenso coa que, se a pandemia permíteo, dará comezo a tempada.
"A fase de ascenso do júnior fainos volver á actividade. Tomamos a decisión de regresar aínda que sempre adaptándonos á normativa vixente", asegura o adestrador do equipo e directivo do club, Lino Vázquez, sinalando que "tamén as nenas necesitábano tanto emocional como socialmente".
O pavillón Multiusos da Xunqueira foi o escenario da primeira sesión de traballo arxilista, na que se adoptaron as medidas para cumprir os protocolos de regreso á actividade elaborados pola Secretaría Xeral para o Deporte e polo Concello de Pontevedra.
Entre as normas de prevención esixidas atópanse polo momento a limitación do número de persoas que poden estar no adestramento, evitar o contacto entre as xogadoras e que cada unha delas utilice o seu propio balón, ademais do uso de máscaras por parte do corpo técnico e fóra da pista e da desinfección do material utilizado.
Relacionadas:
-
O Arxil, pendente da Copa Galicia para planificar a parte final da súa pretempada
Por Redacción |
-
Pretempada de catro semanas para o Arxil
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O 31 de agosto, data elixida polo Arxil para iniciar a pretempada
Por Redacción |
-
O Arxil pecha o seu plantel coa chegada da alero Sara Castro
Por Redacción |
-
A renovación de Aldara pecha o plantel do Arxil á falta dunha última fichaxe
Por Redacción |
-
María Lago cumprirá esta tempada unha década defendendo as cores do Arxil
Por Redacción |
-
Violeta Crespo sobe ao primeiro equipo do Arxil
Por Redacción |