David Feito e Candela aceptan o reto do ascenso
Por Diego Espiño
A poucos días do inicio da competición oficial o Pontevedra Club de Fútbol presentou a dous novos reforzos, o lateral zurdo David Feito e o centrocampista Ángel Luis Ruiz 'Candela'.
Ambos os dous futbolistas chegan á casa granate asumindo o reto de pelexar polo ascenso de categoría, como recoñece Feito, defensa andaluz procedente do Coria: "el proyecto deportivo es quedar campeones si o si y ascender, no vale otra".
David Feito asinou un contrato por unha tempada que se renovaría automaticamente en caso de ascenso. O futbolista, que tamén pode actuar de central e mesmo de interior, asegura que a situación económica do Coria e a entidade do Pontevedra o motivaron a cambiar de aires: "si te llama el Pontevedra te lo tienes que pensar, las circunstacias allí no eran buenas y la oportunidad del Pontevedra no te aparece todos los días, ya con 30 años este era el último carro de engancharme al fútbol profesional, porque esto para mí lo es. Esto no es un club de Tercera, es mínimo de Segunda B e incluso Segunda por ciudad, por estadio y por afición".
David Feito: "el proyecto deportivo es quedar campeones si o si y ascender, no vale otra"
Pola súa banda Candela, que asina por un ano tras o seu paso polo Albacete Balompié, defende a decisión que supón baixar de categoría para pelexar por un reto que considera ambicioso: "me ha costado, hablando con mis padres y familia les he dicho que a lo mejor merece la pena dar un paso atrás para después dar dos adelante, sobre todo por el Pontevedra que este año va a aspirar a todo, si no no estaría aquí".
O centrocampista di recordar dos seus enfrontamentos en Pasarón co Celta B a "una afición de 10", e defínese como un "pivote que le gusta gusta tener la pelota, defender a la vez y que el equipo esté junto, agresivo".
O PONTEVEDRA NON DÁ POR PECHADO O PLANTEL
A pesar do inminente comezo ligueiro o Pontevedra aínda non dá por pechado o plantel á espera de realizar algunha incorporación máis.
O corpo técnico granate centra os seus esforzos agora na posible contratación dun dianteiro e un centrocampista de construción.
Neste sentido a chegada de Fali, dianteiro do Orihuela, complicouse nas últimas horas polas esixencias do xogador, mentres no caso do pretendido Mateo se esperará aos últimos días de mercado ante a intención do futbolista de esgotar as posibilidades de xogar nun equipo de categoría superior.