Pintos celebra o sábado a XXVIII Edición da súa Carreira Popular
Por Redacción
Este sábado, o lugar de Pintos, en Marcón, vai a converterse no centro neurálxico do atletismo pontevedrés coa celebración da vixésimo oitava edición da súa Carreira Popular. A competición cumpre así un ano máis nun ambiente cargado de festividade e emotividade, coa presenza dunha cantidade de deportistas de distintas disciplinas, non só do atletismo, así como a colaboración de veciños e entidades.
Entre os participantes cabe destacar habitualmente a presenza de competidores da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, así como quen desexe botar unha carreira e rirse con veciños, amigos e familiares.
A proba servirá para xerar un bo ambiente xa que ao final da mesma procederase aos tradicionais sorteos, para o que hai rifas á venda e contarán con suculentos agasallos doados polos patrocinadores (xamóns, tablet, cafeteira de cápsulas, empanadas, botellas de viño de furanchos da zona, pequenos electrodomésticos).
A inscrición comezará ás 16:00 horas e estenderase ata as 17:30, momento en que darán comezo as probas, divididas en categorías de idade e xénero, comezando dende os máis pequenos. Así mesmo, contarán cun pequeno agasallo para corredores, coa súa correspondente botella de agua, así como empanada gratis para tódolos asistentes.