Támara Echegoyen, con permiso para volver navegar no 49er FX máis de dous meses despois

Por Redacción
A Real Federación Española de Vela informou que tras as últimas modificacións aparecidas no BOE as tripulacións dobres que representarán a España nos próximos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 volverán ao Centro de Alto Rendemento de Santander para retomar, nos próximos días, os seus adestramentos na auga.
Isto afecta directamente á pontevedresa Támara Echegoyen, clasificada para a cita olímpica na clase 49er FX na que compite xunto á balear Paula Barceló.
Ata o de agora, tras abandonar o Centro de Alto Rendemento santanderino despois dunha primeira fase de peche nas súas instalacións, Echegoyen e Barceló tiveran que seguir a súa preparación de maneira individual, e por suposto sen poder saír a navegar.
Segundo informou a Federación, a reincorporación dos equipos olímpicos de vela de embarcacións dobres farase de maneira gradual e baixo os protocolos sanitarios establecidos polos organismos.
"Levamos máis de 50 días sen navegar, así que nos enfrontaremos a este momento fase a fase e a primeira vai ser un check: onde estamos e onde queremos chegar", sinalou Támara Echegoyen en declaracións recollidas polo organismo federativo.
"Non temos calendario internacional de probas porque está aínda por reprogramar", recoñece a pontevedresa, "así que nos plantexaremos un calendario suposto e irémonos adaptando".
En canto ao seu estado actual, tras as dificultades de adestramento das últimas semanas, a campioa olímpica en Londres 2012 encomiou o "traballo excepcional" do seu preparador físico. "Cambiamos a formulación de fase pre Xogos a fase pretempada. Quedan 14 meses para Tokio 2020 e estamos tranquilas. Ademais, estar separadas Paula e eu deunos moitas ganas de traballar xuntas".
Agora, ao fin, poderán facelo coa tranquilidade que lles dá a decisión da Federación de manter as prazas olímpicas de 2021 aos deportistas aos que se lle adxudicaron para 2020.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen: "Se hai só unha oportunidade de que haxa Xogos, temos que chegar o mellor preparadas posible"
Por Diego Espiño |
-
Unha mala xornada fai caer a Támara Echegoyen ao duodécimo posto no Europeo de 49er FX
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, ante o Europeo: "É unha proba perfecta para seguir adestrando para os Xogos"
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen vence no Nacional de Vela Holandés Open en Medemblik
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen abandona o CEAR de Santander para seguir co confinamento na casa
Por Redacción |
-
A Federación de Vela defende o confinamento de Támara Echegoyen e o equipo preolímpico no CEAR de Santander
Por Redacción |
-
A Federación de Vela mantén a praza de Támara Echegoyen para os Xogos Olímpicos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Támara Echegoyen, recluída co equipo preolímpico de vela no CEAR de Santander
Por Diego Espiño |
-
Oficial: Támara Echegoyen gaña a súa praza nos Xogos Olímpicos de Tokyo
Por Redacción |