
© Real Federación Española de Vela
Támara Echegoyen abandona o CEAR de Santander para seguir co confinamento na casa

Por Redacción
O equipo preolímpico español de vela non seguirá adestrando no Centro de Alto Rendemento (CEAR) de Santander, onde se confinou xusto antes do decreto de estado de alarma cando aínda non se confirmou o aprazamento dos Xogos Olìmpicos.
Así o confirmou nun breve comunicado a Real Federación Española de Vela, sinalando que este xoves os deportistas "deixaron as instalacións unha vez cumprido o período de corentena de 14 días ao que estaban sometidos polo Servizo Cántabro de Saúde".
Entre os alí presentes atopábase a pontevedresa Támara Echegoyen, xunto á súa compañeira na clase 49 erFx Paula Barceló e outros regatistas como Diego Botín, Jordi Xammar, Nicolás Rodríguez, Iago López Marra, Patricia Cantero, Silvia Mas, Joan Cardona y Álex Muscat, ademais dos adestradores Víctor Payà, Gustavo Martínez e Santiago López-Vázquez.
A decisión tómase despois da polémica xurdida co Consello Superior de Deportes, que entendía que a instalación debía de permanecer pechada do mesmo xeito que o resto de centros de tecnificación e rendemento ao longo de todo o estado.
Con todo a federación defende que mantivo o confinamento no CEAR "tras un caso médico no que un dos deportistas mostrara síntomas leves, compatibles cunha infección de vías respiratorias altas e cuxo cadro se resolveu en poucos días", pero que provocou que "os deportistas e técnicos que lles acompañaban quedaron confinados en corentena no devandito centro".
Agora, superada esa fase de corentena "os deportistas puxeron rumbo á súa residencia familiar", conclúe o comunicado.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen, ante o Europeo: "É unha proba perfecta para seguir adestrando para os Xogos"
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen vence no Nacional de Vela Holandés Open en Medemblik
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, con permiso para volver navegar no 49er FX máis de dous meses despois
Por Redacción |
-
A sexta edición da Regata Interclubes Ría de Pontevedra, finalizada pola alerta sanitaria
Por Redacción |
-
Así están a vivir os políticos locais o confinamento polo coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
A Federación de Vela defende o confinamento de Támara Echegoyen e o equipo preolímpico no CEAR de Santander
Por Redacción |
-
A Federación de Vela mantén a praza de Támara Echegoyen para os Xogos Olímpicos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Támara Echegoyen, recluída co equipo preolímpico de vela no CEAR de Santander
Por Diego Espiño |