
© Real Federación Española de Vela
VÍDEO.- Támara Echegoyen, recluída co equipo preolímpico de vela no CEAR de Santander

Por Diego Espiño

© Real Federación Española de Vela
O Centro de Alto Rendemento (CEAR) de Santander, especializado no deporte da vela, converteuse na casa do equipo preolímpico español deste deporte mentres se prolonguen as restricións impostas pola alerta sanitaria do Covid-19.
Entre as que alí se atopan encerrada figura un dos máximos expoñentes do deporte pontevedrés, Támara Echegoyen, campioa olímpica en Londres 2012, diploma en 2016 e xa clasificada para Tokyo á espera do que aconteza coa cita nipoa.
"Hemos decidido alquilarnos juntos", recoñece Echegoyen, que xa establecera previamente a súa base de acción en Santander. De feito a súa compañeira de embarcación no 49erFX, a balear Paula Barceló, asegura que a reclusión para elas "es como estar en casa pero un poco más grande y en equipo".
A actividade do CEAR parou e o centro permanece oficialmente pechado, polo que só os seus novos inquilinos utilízano estes días contando con todo o material á súa disposición. Iso no interior, xa que fóra élles imposible saír á auga para completar o seu adestramento.
"Creo que todos estamos de acuerdo de que esta es una situación anormal y que es muy nueva. Lo único que pedimos nosotros desde aquí es responsabilidad civil, esta es una pelea que tenemos todos", sinala desde Santander a regatista pontevedresa, que deixa tamén palabras de ánimo convencida de que "entre todos podemos saír desta".
Ademais de Echegoyen e Paula Barceló confináronse no CEAR de Santander para continuar coa súa preparación regatistas como Diego Botín, Jordi Xammar, Nicolás Rodríguez, Iago López Marra, Patricia Cantero, Silvia Mais, Joan Cardona e Álex Muscat os adestradores Víctor Payà, Gustavo Martínez e Santiago Lopez-Vázquez.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen vence no Nacional de Vela Holandés Open en Medemblik
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, con permiso para volver navegar no 49er FX máis de dous meses despois
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen abandona o CEAR de Santander para seguir co confinamento na casa
Por Redacción |
-
A Federación de Vela defende o confinamento de Támara Echegoyen e o equipo preolímpico no CEAR de Santander
Por Redacción |
-
A Federación de Vela mantén a praza de Támara Echegoyen para os Xogos Olímpicos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os deportistas de elite mostran a través das redes sociais os seus adestramentos na casa
Por Diego Espiño |
-
Oficial: Támara Echegoyen gaña a súa praza nos Xogos Olímpicos de Tokyo
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló cólganse o ouro mundial e presentan a súa candidatura aos Xogos Olímpicos
Por Redacción |