O Fisgón contrata un preparador físico para preparar o playoff
Por Manu Otero
A máxima categoría do fútbol sala feminino pode ter a próxima tempada un novo representante pontevedrés. A decisión da Real Federación Española de Fútbol de dar por terminada a liga regular e disputar unicamente as fases de ascenso, permitirá ao Fisgón competir por unha praza en Primeira División.
A pesar de que as xogadoras do primeiro equipo seguiron adestrando en casa durante a corentena, o ritmo competitivo caeu de forma inevitable. Co obxectivo de regresar á competición da mellor forma posible, a directiva do cadro marinense contratou ao preparador físico Ánder Muñoz Vitoria.
O obxectivo deste profesional será, en coordinación coa adestradora Pili Costa, establecer a planificación de adestramentos para a volta á competición para mellorar o rendemento co firme obxectivo de lograr o ascenso.
O salto de categoría non era unha das metas fixadas pola dirección deportiva para esta tempada. O Fisgón Futsal fixouse como obxectivo asentar o club na división de prata, estruturar e aumentar a escola e establecer a base para loitar polo ascenso no próximo curso. A boa tempada realizada polas xogadoras marinenses adiantaron os prazos.
Relacionadas:
-
O Fisgón, a dúas vitorias do soño de xogar en primeira
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
Fase 2 de desescalada no deporte: Arosa, Leis, e O Fisgón, coa mente posta nos play-off de ascenso
Por Almu Dapena |
-
Así queda a Copa da Raíña para o Poio Pescamar e os play-off de O Fisgón e Leis
Por Diego Espiño |
-
Final de tempada para o Poio Pescamar e playoff exprés para Leis e O Fisgón
Por Manu Otero |