O pontevedrés Alejandro Muñiz, entre a arbitraxe e o seu traballo de Policía en Madrid en plena alerta sanitaria
Por Diego Espiño
Alejandro Muñiz non esquecerá facilmente a súa primeira tempada como árbitro principal na liga de Fútbol Profesional, concretamente na Segunda División, e non só polo aspecto deportivo. O colexiado pontevedrés, ante o parón da competición, repártese estas semanas entre as súas dúas ocupacións. Por unha banda segue preparándose como pode física e tecnicamente para o seu labor futbolístico, e por outro se centra no seu traballo como Policía Nacional en Madrid no medio dunha alerta sanitaria onde a capital é un dos seus principais focos.
"Es complicado. Cuando van pasando los días se va haciendo más fácil en el sentido de que la gente se va mentalizando de que esto no es una broma y de que va en serio, pero en los primeros días era bastante difícil, había que pelearse un poco por con la gente que no acaba de entender esto y se lo tomaban casi como unas vacaciones", recoñece.
El é das persoas que, polo seu oficio e vocación de servizo cidadán, ten que seguir saíndo ao exterior, aínda que o fai cumprindo medidas de seguridade "sobre todo al iniciar el servicio. Con el vehículo tienes que realizar un protocolo: las manetas, el colante, cambio de marchas y demás todo lo tienes que limpiar. Luego guantes, mascarilla...".
Iso na rúa, tentando colaborar no posible para superar a situación de alarma, pero ao chegar a casa reclúese como todo o mundo para centrarse na súa outra faceta, a de árbitro de fútbol.
"La verdad es que el comité no nos está permitiendo aburrirnos, conmucho examen y muchas jugadas de vídeo", explica sobre o seu día a día dentro das paredes do seu fogar nas que, entre outras cousas, repasa as directrices federativas sobre as mans de futbolistas en diferentes xogadas e tamén os seus propios partidos "a modo de autocrítica" e para corrixir erros.
Alejandro Muñiz: "Lo más importante es mantenimiento muscular, porque cuando esto acabe, que va a acabar, el fútbol se reanudará y van a ser dos o tres partidos por semana"
Con todo, como a calquera deportista de elite, manter a boa forma física é o que máis costa, sobre todo ao dispoñer do "material básico", sen cinta de correr ou bicicleta na casa. "Tenemos unas recomendaciones del área física del comité y lo más importante es mantenimiento muscular, porque cuando esto acabe, que va a acabar, el fútbol se reanudará y van a ser dos o tres partidos por semana. Entonces ese buen nivel muscular va a ser el que nos evite caer en lesiones", explica.
Por todo iso a súa rutina baséase "a nivel muscular en muchos circuitos de fuerza, con poca recuperación para mantener en lo posible el nivel aeróbico, y sobre todo dieta porque coger dos kilillos parece poco pero en la alta competición es bastante".
Ao máximo expoñente da arbitraxe pontevedresa e tamén galego (comparte categoría na Segunda División con Javier Iglesias Villanueva) "lo que más me preocupa es llegar a buen nivel al primer partido que tenga y la prevención de lesiones", asegura Alejandro Muñiz.
O que xa é seguro é que a súa tempada de debut na categoría de prata do fútbol nacional está a deixarlle "muy contento", pola súa adaptación e pola compenetración co seu equipo de auxiliares, o vigués Adrián Díaz e o coruñés Fabián Blanco. Tanto é así que xa case borrou da súa memoria a lesión que lle obrigou a estar un mes parado o pasado decembro. Auga pasada.
Relacionadas:
-
Homenaxe a Alejandro Muñiz tras o seu ascenso a Primeira División
Por Redacción |
-
O árbitro pontevedrés Alejandro Muñiz ascende a Primeira División: "Aún me tiembla todo"
Por Diego Espiño |
-
Dobre representación da arbitraxe pontevedresa na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Alberto Gómez, entre os árbitros designados para a fase de ascenso a Segunda División
Por Redacción |
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz recibe o Trofeo Guruceta ao mellor árbitro da Segunda División
Por Redacción |
-
Un "premio inesperado" para Rubén Ferrero, arbitar na fase final da LNFS e a Primeira Feminina
Por Diego Espiño |
-
Un árbitro pontevedrés entre os elixidos para dirixir o playoff de ascenso a Segunda B
Por Redacción |
-
Doce policías nacionais infectados por coronavirus en Galicia, un deles en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A "ilusión tremenda" do pontevedrés Alejandro Muñiz no seu debut como árbitro de Segunda División
Por Diego Espiño |
-
O árbitro pontevedrés Alejandro Muñiz ascende á Segunda División
Por Diego Espiño |
-
Dous árbitros pontevedreses ascenden á Segunda B do fútbol español
Por Redacción |