O Waterpolo Pontevedra, preparado para o play-off da Liga Galega
Por Redacción
Chega o momento clave da tempada para o Waterpolo Pontevedra, polo menos no que respecta a o seu equipo absoluto masculino.
Tras quedar en segundo lugar na liga regular de División de Honra, os actuais campións da liga galega poñerán o seu trono en xogo no play-off.
Ausentes dos cuartos de final pola súa posición na primeira fase, os de Javi de Sáa estrearanse este domingo 8 de marzo en Vigo co primeiro partido das semifinais, nunha serie ao mellor de tres encontros.
O duelo ante o RCN Vigo disputarase a partir das 11:45 horas, coa previsión de que se produza unha eliminatoria aberta e moi disputada a teor dos últimos resultados entre ambos os equipos.
Esta tempada o Pontevedra venceu na liga regular por 10-12 en Vigo e empatando despois 11-11 no CGTD, mentres que en Copa foi o conxunto da cidade olívica o que venceu por 14-6.
Completarán a xornada de competición en Vigo os partidos da Liga Galega de 2ª División e da Liga Galega Infantil.
Relacionadas:
-
O CW Pontevedra pon en marcha o seu segundo programa de formación para deportistas
Por Redacción |
-
A derrota en Vigo obriga o CW Pontevedra a remontar para estar na final polo título de liga
Por Redacción |
-
O Paredes portugués, vencedor dunha polémica Copa Galega Feminina de Waterpolo
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra tense que conformar co bronce na Copa Galega
Por Redacción |
-
Posta de longo da canteira do waterpolo galego en Pontevedra
Por Redacción |