O Paredes portugués, vencedor dunha polémica Copa Galega Feminina de Waterpolo
Por Redacción
Polémica Copa Galega Open Absoluta Feminina de Waterpolo a celebrada a fin de semana na piscina da Escola Naval Militar de Marín.
O club anfitrión do evento, o Waterpolo Pontevedra, dominaba a súa semifinal por 11 goles a 4 cando o adestrador do equipo decidiu sacar da auga ás súas xogadoras tras varios episodios de conduta agresiva das súas rivais. Así o asegura o club pontevedrés despois de que dúas das súas xogadoras saísen da auga "chorando e con problemas para respirar e mesmo para manter o equilibrio polos golpes sufridos" sen que a parella arbitral tomase cartas no asunto. Antes outras compañeiras pediran o cambio polos golpes recibidos.
Pasados uns instantes, as integrantes do Waterpolo Pontevedra pediron retomar o choque, pero o CW Santiago negouse a iso tendo que tomar unha decisión sobre o resultado do partido unha comisión técnica da FEGAN. Esa comisión federativa deu por perdido o partido ás pontevedresas por 0-10, tendo que conformarse por loitar pola medalla de bronce.
Tras este pau, as pontevedresas sacaron forzas para medirse ao RCN Vigo pola medalla de bronce, vencendo por 17-5.
O campión da competición foi o equipo portugués do Paredes Polo Aquático, que superou na final o CW Santiago por 13 goles a 6. Completaron o palmarés o RCN Vigo como cuarto clasificado e o Pabellón Ourense no quinto lugar.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra, preparado para o play-off da Liga Galega
Por Redacción |
-
A Escola Naval, sede da Copa Galega Open Feminina de waterpolo
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra tense que conformar co bronce na Copa Galega
Por Redacción |
-
O Campionato Galego Cadete de waterpolo queda na casa
Por Redacción |