O Campionato Galego Cadete de waterpolo queda na casa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra suma un título máis ao seu palmarés. O último foi o Campionato Galego Cadete Mixto de Inverno celebrado a pasada fin de semana en casa, na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
O conxunto local subiuse todo o máis alto do podio nun torneo no participaron outros catro equipos.
Durante a fase previa o Pontevedra venceu o CW Coruña Rías Altas (9-5), os dous primeiros clasificados provisionais da liga Galega da categoría, logrando os pontevedreses o pase directo á final.
Xa na pelexa polo título, o rival foi o CW Santiago, ao que superaron con autoridade por 15-10 para facerse coa medalla de ouro. A prata foi para os composteláns e o bronce para o CW Coruña, completando a clasificación Asociación Coruñesa de Waterpolo e RCN Vigo.