VÍDEO.- Os alumnos do colexio Sagrado Corazón, seleccionadores de fútbol por un día
Por Redacción
Os alumnos do Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra convertéronse en seleccionadores de fútbol, polo menos por un día.
Cun orixinal vídeo protagonizado por estes estudantes pontevedreses, a Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer a lista definitiva de convocados da Selección Galega de Afeccionados que participará na Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA.
Da man da profesora Mariña, alumna de 5º de Primaria do Sagrado Corazón, e cos seus compañeiros saíndo ao encerado, vanse desvelando aos poucos os xogadores que defenderán ao combinado autonómico o mércores 12 de febreiro na Ciudad Fútbol de Las Rozas, onde se medirán ao País Vasco co obxectivo de avanzar á fase final da competición.
A Federación Galega quixo homenaxear con este vídeo ao centro educativo, o mesmo que na Gala do Fútbol Galego do pasado ano foi premiado como mellor club vinculado a un centro de ensino.
A convocatoria de Galicia para esta cita compóñena: David Cortegoso (Choco), Paco (As Pontes), Jesús Varela (Alondras), Adrián Gómez (Arosa), Abel (Alondras), Vitra (Choco), Iago López (Bergantiños), Aarón (Bergantiños), Samu (Compostela), Diego (Bergantiños), Uzal (Somozas), Róber (Arosa), Carlos López (As Pontes), Lamelas (Ourense CF), Miki (Compostela), Brais (Compostela), Adri Castro (Ourense CF) e Iker Hurtado (Arzúa).