A Copa das Rexións UEFA aterra en Portonovo, A Illa e Vilalonga
Por Redacción
As Rías Baixas, concretamente Portonovo, A Illa de Arousa e Vilalonga, serán escenario durante a ponte festiva dun dos grupos da fase previa da Copa das Rexións UEFA.
A competición que impulsa o máximo organismo do fútbol europeo afrontará a súa primeira fase nos campos de fútbol de Baltar, San Pedro e o Salvador Otero.
En concreto na provincia disputarase o Grupo F, que reúne ás seleccións amateurs de Galicia, Castela A Mancha e Ceuta. Trátase de combinados rexionais compostos na súa maioría por futbolistas de Terceira División que nunca tiveron un contrato profesional.
As tres selecciones pelexarán polo único billete que hai en xogo para avanzar á seguinte fase.
Sanxenxo será o cuartel xeral do campionato. Alí concéntrase desde este xoves o equipo galego e tamén o manchego, mentres que Ceuta ten previsto chegar a Galicia o venres.
O primeiro dos partidos da Copa das Rexións enfrontará ás 12:00 horas deste venres 6 de decembro a Galicia e Castela A Mancha no campo de Baltar, en Portonovo. O sábado (12:00 horas) o escenario será o campo de San Pedro, en Vilalonga, co Ceuta-Castela A Mancha, mentres que o Salvador Otero da Illa acollerá o último encontro entre Galicia e Ceuta o domingo día 8 (12:00 horas).
Relacionadas:
-
Baltar e A Lomba, sedes da fase intermedia da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os alumnos do colexio Sagrado Corazón, seleccionadores de fútbol por un día
Por Redacción |
-
Galicia golea a Ceuta e xogará contra Euskadi na Fase Intermedia da Copa Rexións UEFA (4-0)
Por Redacción |
-
Galicia estréase ca Copa Rexións UEFA vencendo a Castela A Mancha (2-0) en Portonovo
Por Redacción |
-
Portonovo, Vilalonga e A Illa, sedes da fase previa da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción |