O Pontevedra agardará ata os últimos días de mercado polas fichaxes
Por Manu Otero
O Pontevedra ten "moi claras" as súas prioridades para este mercado de xaneiro e esperará polos desexados ata última hora. "O mellor que quede vai ser a última hora", declarou este venres o adestrador granate, Carlos Pouso, quen non espera ningunha chegada para o partido desta fin de semana en Coruxo.
O técnico insiste en que a fiestra de fichaxes de inverno é "moi complexa" porque os equipos non deixarán saír aos seus mellores xogadores. "Se hai algún que quere saír terán que negocialo, pero se me piden a miña opinión: é un non", declarou con rotundidade.
No capítulo de saídas, Pouso asegura que ningún xogador se puxo en contacto con el para abandonar o club. Con todo, non descarta que se produza algunha baixa para dar cabida a novos xogadores. "Teño clarísimo o que quero tanto para o sub 23 como para a licenza sénior. E logo hai unha orde de prioridades en función de se sae un sub 23 ou un sénior", declarou sen aclarar que posicións nin que xogadores son os que teñen máis papeletas para saír.
O adestrador é consciente de que o persoal necesita reforzos se o obxectivo, como dixo a presidenta a principio de tempada, é o ascenso. Con dúas fichas libres, é segura a chegada de dous novos xogadores, mentres que o club terá que negociar con xogadores con contrato en vigor para atopar unha solución se desexan facer máis fichaxes. Aínda así, Pouso subliña que "non me queixei a Roberto Feáns de ningún xogador. No tempo que levo aquí ninguén me deu un motivo para chamarlle a atención", rematou.
Relacionadas:
-
Carlos Pouso négase a pescar nos seus antigos equipos
Por Manu Otero |
-
Coruxo e Pontevedra reparten puntos, ocasións e dominio (0-0); os granates terminan de novo con dez
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pouso: "Mi idea es afrontar la segunda vuelta con 22 jugadores"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra esgota o prazo para fichar tras a lesión de Javi López
Por Diego Espiño |