Estrea ligueira con triunfo para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción
Despois de aprazar os seus dous primeiros partidos de liga, o Waterpolo Pontevedra debutou a fin de semana nunha nova tempada na División de Honra Masculina e fíxoo da mellor forma posible.
Os de Javi de Sáa impuxéronse a domicilio o CW Coruña (7-8), aínda que tiveron que empregarse a fondo.
O Pontevedra comezou o encontro cunha boa defensa e intensidade en ataque, o que aproveitou para colocar o 0-3 no marcador no primeiro cuarto. Con todo o acerto empezou a baixar e aínda que se mantiñan por diante ao descanso (2-6) varias precipitacións e un mal terceiro cuarto fixo que os locais se meteran no choque (4-6).
A situación empeorou mesmo no último parcial, chegando o Coruña a remontar o partido (7-6) con 4 minutos por xogar, pero aí reaccionou o cadro pontevedrés para empatar na seguinte acción e decidir nun emocionante final, a só 3 segundos, cun gol do seu porteiro Pablo Seoane.
Na cidade herculina xogouse tamén un encontro da Liga Galega Cadete Mixta con vitoria para o CW Pontevedra por 9-12.
Relacionadas:
-
Os equipos sénior do Waterpolo Pontevedra, con paso firme nas ligas galegas
Por Redacción |
-
Pleno de triunfos para o Waterpolo Pontevedra en Vigo
Por Redacción |
-
O equipo absoluto feminino do Waterpolo Pontevedra inicia a tempada como 'supercampión' galego
Por Redacción |
-
A tempada iníciase con título para o Waterpolo Pontevedra na Supercopa Galega
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra afina a súa posta a punto en Portugal
Por Redacción |