Dous autobuses acompañarán o Pontevedra no derbi fronte ao Racing

Por Almu Dapena
Despois de gañar o primeiro partido fronte ao Coruxo por dous a cero, o Pontevedra trasládase á Malata acompañado de dous autobuses cheos de afección granate para tentar lograr a segunda victoria consecutiva da tempada. No partido enfrontarase a un Racing de Ferrol que vén ferido tras perder contra o San Sebastián de los Reyes na primeira xornada de liga.
Durante a previa para o enfrontamento contra o Racing, Luismi, técnico granate, destacou o talento e a experiencia dos xogadores racinguistas Dani Abalo e Álex López, ademais do balón parado de Joselu e Pablo Rey e a súa capacidade para desnivelar o partido en calquera acción.
Este segundo partido de liga e derbi galego, celebrarase este sábado ás 20:00 horas nun estadio que Luismi espera que se tinga de granate, punto importante para enchufar á afección despois dos tres primeiros puntos logrados a fin de semana pasada e así "conseguir que a cidade se volva a ilusionar co equipo" para esta nova tempada.
Relacionadas:
-
Oito minutos iniciais de terror permiten ao Racing de Ferrol golear o Pontevedra (4-1)
Por Redacción |
-
Adrián Mouriño causa baixa no Pontevedra e deixa ficha libre para Alfredo Mejía
Por Redacción |
-
A páxina de Wikipedia do Pontevedra, alterada con mensaxes ofensivas cara o club e a súa afección
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra quere tinguir A Malata de granate
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra estrea a súa nova equipación
Por Manu Otero |
-
A vitoria do Pontevedra diante do Coruxo (2-0) no seu debut ligueiro dispara o optimismo
Por Manu Otero & Diego Torrado |