Portas acolle por primeira vez as finais dos campionatos galegos de fútbol-8
Por Redacción
O campo municipal da Rapeira, en Portas, acollerá o próximo sábado 29 de xuño por primeira as finais do Campionato Galego de Fútbol-8 nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, reunindo os catro mellores equipos autonómicos en cada unha das categorías.
Durante a xornada inclúense 12 partidos dende as 11:00 horas da mañá, coa presenza de clubs como o Celta, Deportivo, Pabellón Ourense, Agrupación Juvenil de Lérez, Galicia de Caranza, Imperator, Victoria, Montañeros, Santa Mariña, Coruxo ou Vila de Corpus.
A intención da directiva do Club Deportivo Portas é converter as finais nunha celebración de final de tempada para os equipos de base galegos.
Á presentación do evento acudiron o futbolista do Celta de Vigo Sergio Álvarez e David Goldar, integrante do xuvenil celeste e veciño de Portas.