![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2c3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5d39f73ea6-podio-europeo-tono-campos-nina-jelenc.jpg)
© Federación Galega de Piragüismo
Tono Campos inicia o Europeo de Piragüismo Maratón cunha medalla de prata na carreira curta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Campionato de Europa de Piragüismo Maratón comezou este xoves na localidade francesa de Dezize con bo pé para a delegación pontevedresa.
Tono Campos (Breogán) estreouse cunha medalla, de prata, na nova carreira curta de C-1, disputada baixo un formado de só 3,4 quilómetros de percorrido con dous porteos e que se estreaba no Europeo.
O padexeiro do Grove cruzou a liña de meta en 15 minutos e 43 segundos, a case 6 segundos do polaco Viktor Glazunow que marcaba un tempo de 15 minutos, 37 segundos e 73 milésimas. O podio completouno o checo Jacub Brezina.
Na mesma disciplina Diego Romero, deportista tamén do Breogán do Grove, finalizou na quinta posición.
O Europeo de Maratón continuará este venres coa participación de Joaquín Iglesias (Piragüismo Verducido) no K-2 xuvenil xunto a Alejandro Moreno.
Relacionadas:
-
A expedición pontevedresa e arousá xa está en China para o mundial de piragüismo maratón
Por Manu Otero |
-
Tres novas medallas na última xornada do Europeo de Piragüismo Maratón
Por Sofía Lorenzo |
-
Tono Campos consegue o primeiro ouro para España no Europeo de Piragüismo Maratón
Por Sofía Lorenzo |
-
O pontevedrés Joaquín Iglesias consegue a prata no K-2 júnior do Europeo de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
A armada pontevedresa de piragüismo maratón, ao asalto do Europeo
Por Redacción |
-
Os únicos ouros galegos da Copa España de Piragüismo Maratón son de Jenifer Casal e Tono Campos
Por Redacción |