Inmellorables resultados da Gimnástica no Galego Absoluto de atletismo
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz
O CGTD acolleu, este sábado, a primeira xornada do Campionato Galego Absoluto de Atletismo, no que participan máis de 400 atletas. A pesar de que a maior parte deles procede de diferentes zonas de Galicia, tamén acudiron á cita un bo número de lusos e ingleses.
A bancada das instalacións pontevedresas enchéronse de afeccionados e interesados nas diferentes probas que se desenvolveron durante todo o día.
A actividade comezou ao redor das 10:10 horas coa competición de 5.000 metros marcha masculina en pista, na que Dani Chamosa, da Gimnástica de Pontevedra conseguiu facerse co ouro, seguido por Manuel Morales, do Marineda Atlético. O seu compañeiro Roi Surribas cruzou a liña de meta en terceiro posto. Á primeira hora, o club pontevedrés xa sumaba dúas medallas.
Iria Filgueira logrou o bronce na seguinte proba, martelo de 4 quilos. Pola súa banda, Raúl Cortizo sumou o segundo ouro ao seu equipo ao conseguir un resultado de 1.94 en salto de altura. A continuación, ás 11:20 horas, Manuel Hurtado terminou primeiro a carreira de 5.000 metros cun tempo de 14:35.03. O mesmo bo resultado tivo Víctor Gallego, que foi o mellor en lanzamento de peso, seguido en terceiro posto polo seu compañeiro Francisco Javier Guzmán.
Sandra Carballo fíxose coa primeira prata da xornada en lanzamento de disco. E o mesmo fixo Eugenia Gil na proba de 800 metros feminina (2:16.06). En salto de lonxitude dous pontevedreses subiron ao podio: Raúl Cortizo coa prata e David Ferrer co bronce.
En definitiva, unha xornada inmellorable para os atletas pontevedreses.
Consulta os resultados do Campionato Galego Absoluto de Atletismo.
Relacionadas:
-
Manuel Hurtado, da Ximnástica, prata no Campionato de Europa Máster
Por Redacción |
-
O saltador Jean Marie Okutu logra o bronce no campionato de España
Por Manu Otero |
-
Todo Marcón volve botarse a correr
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O marinense Nicolás García logra un décimo posto no Europeo Sub-20 de atletismo
Por Redacción |
-
A elite do atletismo galego compite este sábado en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
A Gimnástica suma experiencia no Campionato de España Sub-20 de atletismo
Por Redacción |
-
Andrea González, brillante medalla de prata para a Gimnástica no Campionato de España Sub-23
Por Redacción |