O Waterpolo Pontevedra busca cativada para a súa canteira
Por Manu Otero
O Club Waterpolo Pontevedra busca deportistas para os equipos de base. O equipo organiza xornadas de portas abertas durante todo o mes de xullo para promocionar o deporte e captar novos talentos.
De luns a venres, entre as 12.30 e as 14 horas, as portas da piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra estarán abertas para que calquera nena, de máis de oito anos, e nenos, con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos, probe esta modalidade de natacion de forma gratuíta. O único requisito é saber nadar.
Os interesados poden poñerse en contacto co equipo a través do teléfono 619 707 810 ou polo mail info@waterpolopontevedra.com para concertar o inicio das actividades.
O conxunto pontevedrés celebrou este ano o seu vixésimo aniversario cos mellores resultados deportivos da súa historia. O último logro tivo como protagonistas ás cadetes pontevedresas Andrea Andión e Izaskun Tellería. As xogadoras foron citadas polo director técnico da Fegán, Enrique García, para realizar unha concentración de catro días co equipo feminino cadete do CN Sabadell. As nadadoras tiveron a oportunidade de abordar o alto rendemento e a súa rutina de adestramento.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra afina a súa posta a punto en Portugal
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra comeza a pretemporada na praia
Por Manu Otero |
-
O CN Sabadell ficha a dous xuvenís do CW Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O equipo cadete confirma o paso adiante do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra, bronce no Campionato de España Xuvenil
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O CW Pontevedra celebra os seus vinte anos coa organización do campionato de España xuvenil
Por Manu Otero |