O Poio Pescamar defende a sexta posición na última xornada pensando no cruzamento de Copa
Por Redacción
Moito en xogo na última xornada de liga na Primeira División de Fútbol sala, na que o Poio Pescamar pechará a competición a domicilio.
As vermellas visitan este sábado (18:00 horas) a pista do UCAM Murcia, noveno clasificado, e fano pensando na Copa da Raíña que se disputará en Burela do 14 do 16 de xuño e que aparece como obxectivo principal do club na parte final da tempada.
No torneo do K.O. será importante a clasificación en liga para evitar un mal cruzamento nos cuartos de final, e iso é o que pretende conseguir o Poio na última xornada, na que defende a súa sexta posición na táboa e que conta aínda con opcións ao quinto lugar que ocupa o Jimbee Roldán (53 puntos).
Con 50 puntos aparecen as vermellas empatadas co Universidad de Alicante, o seu inmediato perseguidor, e con 47 pecha os postos de Copa o Penya Esplugues (47 puntos).
A igualdade desde a terceira ata a oitava posición é máxima, pero todos queren evitar ver as caras na primeira eliminatoria copeira ante o anfritrión, Burela, ou o Atlético Navalcarnero, que se xogan o título de liga na última xornada (ambos chegan con 81 puntos) e que no caso das madrileñas non perderon nin un só atopo esta tempada. Estes dous equipos enfrontaranse en Copa ao sétimo e oitavo clasificado.
O Poio Pescamar pretende ademais no peche ligueiro recuperar sensacións, tras tres derrotas consecutivas, para afrontar con confianza a cita de Burela.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar segue condenado a perder en cuartos de Copa, esta vez ante o Ourense Envialia (1-0)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Poio Pescamar remata a liga con vitoria en Murcia (2-6)
Por Redacción |
-
Dobrete do Poio Pescamar nas copas galegas
Por Redacción |
-
O Poio enfría ao final da primeira metade e cae ante o Ourense (1-4)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar encaixa unha dolorosa derrota ante o Alcorcón (5-2)
Por Redacción |