O Poio Pescamar remata a liga con vitoria en Murcia (2-6)
Por Redacción
O Poio Pescamar puxo fin á liga con vitoria por goleaga ante un Murcia desacertado durante os 40 minutos. As pontevedresas conseguen, así, terminar na sexta posición.
Aos dez segundos de partido Cárol adiantaba ás rojillas no marcador. Con todo, as locais responderon e pouco despois igualaban o choque cun gol de Lola no 7'. A partir dese momento, ambos os equipos comezaron un intercambio continuo de ocasións perigosas pero, sen efectividade ante a portería. Xusto antes do descanso, o partido decantouse cara ao bando visitante. Aproveitando varios erros das murcianas en edefensa, as de Dani Díaz estableceron o 1-3, cun tanto de Cárol e outro de Jenny.
Coa continuación, as anfitrioas reaccionaron e cun gol de Noelia recortaban distancias (2-3). Pero non duraría moito. No ecuador da segunda parte, Ale de Paz marcou o 2-4, que lles permitía ás súas manter o control do partido. No último cuarto, cun Murcia cada vez máis relaxado, Ale de Paz e Jenny establecían o definitivo 2-6, que deixaba ao conxunto rojillo ás portas dos postos máis altos da clasificación.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar segue condenado a perder en cuartos de Copa, esta vez ante o Ourense Envialia (1-0)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Poio Pescamar, a superar o seu teito histórico na Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar defende a sexta posición na última xornada pensando no cruzamento de Copa
Por Redacción |
-
O Poio enfría ao final da primeira metade e cae ante o Ourense (1-4)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar apura as súas opcións de pelexar pola terceira praza
Por Redacción |