Semana de voltas para o Froiz
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz afronta a súa fase favorita da tempada, a das roldas por etapas que tan ben se lles deron nos últimos anos.
A escuadra alimenticia competirá esta semana en dúas frontes. O primeiro, desde este mércores 29 de maio é a 58º edición da Volta a Navarra, de categoría sub-23, unha cita á que acoden Víctor Romero, Carlos Amil, Abel Franco, Jesús Pociña, Jake Wright, Marcos Navarrete e Adrián Barros.
Con todo non será o principal foco de atención, porque os pontevedreses teñen por diante desde o venres 31 de maio e ata o domingo 3 de xuño una das citas que cada ano está marcada en vermello no seu calendario, a Volta a Coruña.
Serán tres etapas nas que o Froiz parte como favorito con Ivan Martínez e Martín Lestido. Ademais representarán ao equipo Diego Noriega, Diego González, Jesús Arozamena, Guillermo García e Aarón Mariño.
A primeira xornada terá 150 quilómetros con saída e meta nas Pontes e 2 dificultades montañosas; a segunda etapa terá saída e meta en Muros con 141 quilómetros co percorrido máis esixente, o ter que subir o alto de Paxareiras (2ª categoría); e pechará a rolda a terceira etapa en Sigüeiro con 140 kilómetos e tres ascensións puntuables.
Os de Evaristo Portela tómanse moi en serio a cita coruñesa, tanto que o Froiz programou unha concentración previa durante os primeiros días da semana na que estaba previsto recoñecer o percorrido da etapa considerada como 'raíña', a de Muros.