ÿxito do acto solidario de sorteo de camisetas de fútbol promovido por ÿscar Guimeráns
Por Ramiro Espiño
Case mil quilos de alimentos non perecedoiros foi o resultado da iniciativa solidaria promovida polo xogador do Arosa, ÿscar Guimeráns, que tivo o seu acto central na tarde do venres na praza da Peregrina, en Pontevedra, co sorteo de camisetas de futbolistas de distintos equipos que colaboraron no evento benéfico.
Camisetas de equipos como o Real Madrid, Deportivo da Coruña, Celta de Vigo, Lugo, Granada, Almería, Mirandés, Ponferradina, Wigan Athletic ou Villarreal, e futbolistas do talle de Charles, Fran Rico, Diego Castro, Jonathan Pereira, Álvaro Mejía ou Pablo Infante, entre outros moitos, foron sorteadas no medio dun fenomenal ambiente.
Nun acto presentado polo xornalista de Radio Pontevedra, Ramón Mella, e coa asistencia de personalidades como o Alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, o Concelleiro de Deportes capitalino, Agustín Fernández, a xerente de Conservas Pescamar, Lupe Murillo, e os futbolistas Caco, do Pontevedra, e Yago González, ex-xogador granate, actualmente nas filas do Southern, de Hong Kong, ademais de representantes de Cáritas en Pontevedra, entidade destinataria da axuda recibida, ÿscar Guimeráns foi entregando as camisetas que se sorteaban aos agraciados que estaban presentes no acto, quedando as demais para que os posuidores dos boletos premiados poidan recollelas posteriormente.
Recordemos que o acto foi organizado a través da web www.futbolmerchandising.com, e que para participar no sorteo a única condición era a entrega un paquete de alimentos non perecedoiros, a cambio da cal se recibía unha rifa para o sorteo.