ÿscar Guimeráns promove un sorteo solidario de camisetas de futbolistas de Primeira e Segunda División
Por Redacción
Charles, Fran Rico, Diego Castro, Jonathan Pereira, Álvaro Mejía, Pablo Infante, Diego Seoane ou Mateo son algúns dos nomes de futbolistas que doaron as súas camisetas, a maioría asinadas, para o sorteo solidario que promueve o actual xogador do Arosa ÿscar Guimeráns.
O pontevedrés, a través da web www.futbolmerchandising.com, organiza unha recolleita de alimentos non perecederos para ser entregados a Cáritas co premio final dun sorteo de elásticas de futbolistas de Primeira e Segunda División e dalgunhas ligas estranxeiras, que se celebrará o próximo 7 de xuño na Praza da Peregrina ás 19:30 horas con camisetas de equipos como o Real Madrid, Deportivo, Celta, Lugo, Granada, Almería, Mirandés, Ponferradina, Wigan Athletic ou Villarreal.
Todo o que o desexe pode ser parte da iniciativa, que está especialmente dirixida aos alumnos dos colexios de Pontevedra e aos nenos das escolas deportivas municipais.
Para participar os interesados deben entregar un paquete de alimentos non perecederos na tenda Guimerans Shop (Cobián Rofignac 19), nas oficinas do Pontevedra Club de Fútbol no Estadio Municipal de Pasarón ou nos campos de herba sintética da Xunqueira, onde recibirán unha rifa para o sorteo.