![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/da7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5aaf9cdf8c-podio-c1-senior-femenino.jpg)
© Federación Galega de Piragüismo
Antía Jácome, Sergio Vallejo y Noel Domínguez premiados pola Federación Galega de Piragüismo
![Almu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/ea8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e90aef8d7-_noc0208.jpg)
Por Almu Dapena
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1f3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5b391dabb5-noel-dominguez-gonzalo-martin_foto_ninajelenc-16-.jpg)
© Nina Jelenc / Federación Galega de Piragüismo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1ed/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5b95455145-fernandez-y-alvarez-metaccarolyn-cooper.jpg)
© Carolyn Cooper
A xunta directiva da Federación Galega de Piragüismo acordou na súa última reunión os distintos premios correspondentes á tempada 2018 onde hai claro predominio do piragüismo pontevedrés. Os galardóns serán entregados na Gala do Piragüismo Galego, que se vai a celebrar o próximo día 9 de febreiro a partir das 19:30 horas no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
O galardón a mellor deportista feminina senior lévao a canoísta pontevedresa Antía Jácome (E. P. Ciudad de Pontevedra) pola súa boa participación no Campionato do Mundo de Sprint na modalidade C-2 de 200 e 500 metros. Pola súa banda, Tania Álvarez (Breogán do Grove) será galardoada polo seu cuarto posto en K-2 no Campionato de Europa de maratón.
Na categoría masculina sub 23, Sergio Vallejo (Piragüismo Poio) foi nomeado mellor do ano pola súa medalla de bronce na modalidade C-2 de 1.000 no Campionato de Europa de Sprint e polo seu cuarto posto na mesma modalidade de 500 do campionato do Mundo.
A distinción feminina a leva María Pérez (O Muiño de Ribadumia), pola súa actuación no Campionato do Mundo de Sprint Absoluto e no Campionato de Europa de Sprint Xuvenil. Noel Domínguez (Breogán do Grove) consegue o accésit da mesma categoría masculina pola súa medalla de bronce en C-2 1.000 no Campionato de Europa Sprint sub 23 e o quinto posto no Campionato do Mundo. Pola súa banda, as dúas canoístas do K. P. Combarro, Lorena Pérez e Eva Torres lograron o accésit pola súa participación no Campionato do Mundo sub 21. Tamén foi nomeado cun accésit Manuel Fontán (O Muiño de Ribadumia) por proclamarse subcampión de Europa C-1 Xuvenil en 1.000.
O Club Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra logra o accésit como mellor equipo a nivel nacional en categorías de promoción por ser claro dominador en competicións nacionais e autonómicas.
Por último, o Concello de Pontevedra tamén será premiado coa mención por ser o mellor colaborador institucional e José Covelo, recollerá o premio especial Xunta Directiva polo seu labor como Xefe de Servizos de Deportes na Deputación de Pontevedra.
A gala finalizará coa mención a todos os deportistas galegos que conseguiron medalla en competición internacional.