Campelo e Lourido, escenarios escollidos para o I Dúatlon Concello de Poio
Por Redacción
O Club Ciclismo Tríatlon Poio, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon, traballa estes días na organización dun novo evento deportivo que sumar ao seu calendario anual.
Trátase do primeiro Dúatlon Concello de Poio, proba que se disputará o vindeiro domingo 3 de febreiro.
O peirao de Campelo será o centro neurálxico dun evento que transcurrirá tamén pola zona costeira de Lourido.
A actividade dará comezo ás 11:00 horas da mañá coa carreira masculina sen corte, mentres que a as12:30 horas darase a saída á categoría masculina con corte e ás 12:40 horas á feminina.
Os competidores afrontarán un percorrido 'sprint' con 5 quilómetros de carreira a pé no primeiro sector, desde a zona de transición no peirao cara á zona de Campelo, continuará con 20 quilómetros de ciclismo no circuíto habilitado cara a Lourido e finalizará con outros 2,5 quilómetros de carreira a pé.
O Dúatlon Concello de Poio terá carácter clasificatorio para o Campionato Galego da especialidade.
Relacionadas:
-
Denuncian unha sabotaxe no Dúatlon de Poio con chinchetas no percorrido
Por Alejandro Espiño |
-
Ao redor de 150 atletas participan na primeira edición do Dúatlon de Poio
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Martín Carrera e Sonia Pariente gañan en Poio e son os novos campións galegos de acuatlón
Por Redacción & Mónica Patxot |