O Galaico ponse a ton cun segundo posto no Campionato Galego de Longa Distancia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Nas semanas finais de ano o Club Natación Galaico intensifica a súa actividade con competicións de nivel, nas que os seus deportistas empezaron a mostrar o resultado dos adestramentos.
Así, no Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina Absoluto, Júnior e Infantil celebrado a pasada fin de semana en Ponteareas, o club pontevedrés subiu ao segundo caixón do podio na clasificación por equipos.
Ademais una das súas últimas incorporacións, a ribeirense María Vilas, fíxose coa medalla de ouro absoluta, mentres que Cristian Fernández foi terceiro.
Tamén participaron en Ponteareas Pablo García, Ramón Fernández, Alexandre Lages e Antía Ortego na categoría júnior e Pedro Pereira, Pablo Martín, Alicia Bouzas, Alejandra Bemposta e Laura Cano en idade infantil.
Tras esta cita, os equipos absolutos feminino e masculino do Galaico céntrase xa na súa participación desde este venres 21 de decembro na Copa de España.