Sensacións opostas para Pontevedra Rugby Club e Mareantes na despedida do ano
Por Redacción
As ligas galegas de rugby viviron a pasada fin de semana a súa última xornada do ano con resultados dispares para os equipos pontevedreses.
O peor parado foi o Pontevedra Rugby Club, que caeu derrotado de maneira contundente na súa visita ao filial do CRAT Coruña (41-5).
O PRC non foi capaz de mostrar a súa mellor versión e despídese do ano na penúltima posición da Primeira División Galega (LGR1) con 8 puntos, xa que non volverá xogar ata o 13 de xaneiro ante o líder, Os Ingleses.
Pola súa banda o Mareantes si se vai de vacacións cun sorriso, tras vencer no campo de Monte Porreiro o Ourense Rugby B (31-5).
O conxunto ourensán, con importantes baixas, viuse superado polos pontevedreses que dominaron o xogo grazas á súa superioridade numérica e que non pasaron apuros. Desta forma o Mareantes chega ao parón consolidado na segunda posisión da LGR2 con 27 puntos. O seu próximo encontro disputarase o 13 de xaneiro no campo do Muralla de Lugo, terceiro clasificado.