A Gladiator Race terá quinta edición en Pontevedra
Por Redacción
O idilio da Illa das Esculturas coa Gladiator Race terá continuidade en 2019.
A popular proba de obstáculos renovou a súa aposta en Pontevedra confirmando a que será a súa quinta edición na cidade, fixando a data de celebración para o sábado 1 de xuño.
Así o desvelou a organización, anunciado á súa vez a próxima apertura de inscricións.
Aínda que é pronto para coñecer novidades sobre a proba, esta volverá contar con tres categorías: Rocket (6 quilómetros e 20 obstáculos), Warrior (11 quilómetros e 30 dificultades) e a opción infantil, a Gladiator Kids.
O pasado ano a Gladiator Race congregou na Boa Vila preto de 2.000 deportistas, unha cifra que aspira a superar en 2019.